lunes, 7 de junio de 2010

1ª Feira Empresarial e Comercial.

Tal coma veu, fóise. Esta fin de semán celebróuse a 1ª Feira Empresarial e Comercial de Betanzos, xunto ao Pasatempo. Tras varios días de traballos a toda velocidade para ter rematado o lugar, chegóu o sábado, e aínda que as nubes copaban o ceo, a choiva non participóu desta feira.

Un total de 34 stands, nos que, se ben eran tódolos que estaban, nos estaban tódolos que eran. Polo menos esa foi a miña impresión, e botéi en falta algúns comercios ou algunhas propostas. O sector adicado á automoción levóuse as máis das miradas, e seica unha gran parte do espazo. Ben é certo que os coches e a maquinaria agrícola ocupa moito, pero non é menos certo que quizá é un sector comercial no que non todo o mundo, (e máis nestes tempos de crise) pode afrontar o gasto dun coche ou dun vehículo agrícola. Non digo que non tiveran que estar, nin moito menos, pero quizá poderían ter unha representación algo máis pequena en espazo, tendo cabida algún comercio máis.

O que sí me parecíu moi axeitado foron as actividades lúdicas, en especial para os máis pequenos. Os inchables, o torneo de xadrez..., e outras para todos coma a xincana de bicicletas ou o circuito de agility con consexos sobre os pasos a seguir para ter e educar aos cans, así como algún (insisto, non estaban tódolos que son), lugar onde tomar un refresco ou unha tapa.
As empresas e comercios que estiveron presentes na Feira ofrecían información, e tiñan importantes descontos e ofertas nos seus artigos. E outro dos reclamos para os visitantes foi o sorteo dunha noite na casa rural Casal de Mouros, que incluía un tratamento antiestrés. Ademáis no punto de información obsequiábase aos nenon cunha pelota de praia.

A modo de curiosidade chamóume a atención o Stand de Pelomanía, onde facían peinados e cortes de pelo co acompañamento musical en direito de un violonchelo e unha flauta travesera. A orixinalidade foi de agradecer.

En canto á asistencia de público, eu penso que se non se tiñan postas moitas máis expectactivas, o éxito da Feira non foi precisamente o desexado, ou non estivo acorde co despliegue feito para a súa presentación. Ben é certo que foi a primeira edición, pero non é menos certo que xa se fixeron outras feiras comerciáis na Praza do Campo, e o éxito destas iniciativas aínda está por valorar. Eu penso que a ubicación é máis axeitada no Pasatempo, e do mesmo xeito penso que o feirón quincenal tiña que deixar de facerse na Praza do Campo e trasladarse á mesma ubicación, xunto ao Pasatempo, para maior comodidade tanto de feirantes coma de visitantes e usuarios. O malo é que os locáis comerciáis do centro poderían verse afectados con esta nova ubicación.

¿E a vos, qué sensacións vos deixa esta 1ª Feira Empresarial e Comercial?
O debate está aberto. Comentade canto que queirades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario