Poderemos queixarnos da sequía ou da pasividade do Concello (sexa cal sexa a cor do partido político) no mantemento dos xardíns, pero namentres nós (a cidadanía) non teñamos un pouco de sentidiño e sigamos a facer cousas coma as da foto, non temos solución.
Aparcar nos xardíns da Galera son un costume cada día de Feirón ou cando temos festa en Betanzos. E atan só 100 metros está a explanada do Carregal, onde pódese aparcar de xeito gratuito e con espazo de abondo. Os veciños da Galera queixanse de que todolos días atopan coches aparcados no carril do Paseo e moitas veces faise complicado o tránsito dos outros coches. A maiores din que despois as multas da policía van aos propios veciños, que deixan o coche ao final do Paseo "sen molestar a ninguén", e de noite veñen a multar. Outra veciña dixo que ela déulle un golpiño a un coche que viña polo Carregal porque debido a cantidade de coches mal aparcados non tiña visibilidade ninguna para incorporarse, e que cando chegou a grúa xa tódolos coches marcharan.
¿Qué ten que pasar para que a policía se movilice? ¿Acaso non está a grúa para estes casos?. A mín persoalmente o de que a xente aparque sobre o céspede paréceme de moi poco civismo, máxime cando se fixo a explanada do Carregal, que non leva nin 1 minuto de máis camiñando.
Así coidamos o noso. Paréceme moi triste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario